.

.

O BNG de Ordes traslada ao Parlamento Europeo a denuncia do vertedoiro de Lesta

Ordes, 27/08/2016 - O BNG de Ordes celebrou un encontro coa “Asociación de Afectados do vertedoiro de Lesta” á que acudiu a Portavoz do BNG en Europa Ana Miranda e o profesor universitario experto en residuos e membro de ADEGA Manolo Soto.
A representante europea do BNG acordou coa veciñanza, despois de visitar os terreos onde pretenden facer o proxecto, de presentar unha denuncia en Bruxelas que se suma á denuncia presentada no Parlamento Europeo no 2015 por vulneración por parte do Goberno Galego da directiva de residuos europea por SOGAMA.

O profesor universitario alertou das consecuencias que ten para a saúde dun vertedoiro deste tipo, asi como do impacto no medio ambiente.

Asimesmo o BNG de Ordes, despois de promover a convocatoria dun pleno extraordinario para debater a cuestión do vertedoiro, comprometeuse a celebrar unhas xornadas nas que se vai proxectar a película “Trash” de Jeremy Irons que trata sobre as incineradoras e os verquidos de lixo, xunto cun debate de expertos.



Publicar un comentario